cascarilla

cascarilla

(

  1. s f [BOT]

    Cortiza de árbores da especie Croton eluteria pertencente á familia das euforbiáceas e orixinaria das Antillas e das Bahamas, rica en cascarilina e en ácido cascarílico. Emprégase como estimulante estomacal e astrinxente intestinal. Da súa codia obtense, por destilación, un aceite esencial que se usa como saborizante.

  2. s f [ALIM]

    Cuberta seca, triturada e torrada das sementes do cacao que se toma en infusión e ten propiedades dixestivas, diuréticas e estimulantes.

  3. s f

    Establecemento onde se vendía cascarilla.

    Ex: Antigamente na Coruña había moitas cascarillas nas que se almorzaba infusión de cascarilla.

Palabras veciñas

cascarexada | cascarexar | cascarexo | cascarilla | cascarilleiro -ra | cascarolo | cascarra