case
case
(< lat quasi ‘coma se’)
-
adv
Adverbio de cantidade e precisión que restrinxe o significado do enunciado constatando que non se cumpre ou non se cumpriu na súa totalidade, pero que falta ou faltou moi pouco para o que se indica.
Ex: Gañou na lotería case cinco millóns de pesetas. Case consegue o papel protagonista na película. OBS: Tamén se pode utilizar co mesmo significado casemente ou a forma reforzada case que. Ex: Casemente corto o dedo co coitelo. Case que tropezo coa pedra.
-
adv
En oracións exclamativas pode adquirir o valor de ‘moito’, ‘canto’ ou ‘como’.
Ex: Case calor vai! Case chorei con tanto chiste! Ai, miña nai, case es!