Casiano
Casiano
[ONOM]
Nome masculino procedente do latín Cassianus. Na súa orixe trátase dun adxectivo derivado de Cassius, apelido dunha familia romana. Con posterioridade pasou a cognome e, xa na época imperial, a prenome. Dous santos levan este nome: san Casiano de Marsella (360?-432?), celebrado o 23 de xullo, e san Casiano de Ímola (s IV), o 26 de marzo e o 13 de agosto.