Castalia, Editorial
Castalia, Editorial
Empresa editorial fundada en 1945 en Madrid por Amparo Soler Gimeno. Dirixida por Federico Ibáñez Soler, está especializada en literatura clásica española. As súas coleccións máis destacadas son: Clásicos Castalia, dirixida por Alonso Zamora Vicente e con máis de 250 títulos publicados, Castalia Didáctica, Odres Nuevos, Castalia Prima, Literatura y Sociedad, Nueva Biblioteca de Erudición y Crítica, Castalia Instrumenta, Historia y Textos e Antología comentada de la Literatura Española, dirixida por Andrés Amorós. A súa Biblioteca de Escritoras, con máis de cincuenta títulos editados, conta cun consello editor formado por Marina Mayoral, Amparo Soler e Elena Catena.