caste
(< gótico *kasts ‘raza’)
-
s
f
Unidade taxonómica de rango inferior á de especie e caracterizada pola uniformidade xenética respecto a determinados caracteres.
Ex: Esta maceira é dunha caste diferente á que enxertamos o ano pasado.
Sinónimos: casta, variedade. -
s
f
Familia á que pertence unha persoa e antepasados dos que descende.
Ex: Polo carácter ben se lle nota que é da caste dos do Parrulo. Está moi orgulloso da súa caste. A caste dos Soutomaior deu personaxes ilustres na historia de Galicia.
Sinónimos: casta. Confrontacións: ascendencia, avoengo. -
s
f
Calidadade ou natureza dun animal ou dunha cousa. OBS: Con este significado adoita ir precedido do adxectivo boa e mala.
Ex: A caste das ovellas que mercamos non o convencía moito. Sementaron uns feixóns de moi boa caste. Compraron unha becerra de mala caste.
Sinónimos: casta. -
s
f
[SOCIOL/RELIX]
Conxunto de cidadáns que teñen uns privilexios determinados. O sistema de castes é un fenómeno exclusivamente hindú, pero vinculado ás divisións funcionais e rituais orixinadas pola penetración de grupos de orixe indoeuropea durante o II milenio a C. A palabra caste reflicte dous termos do sánscrito que identifican elementos de dous sistemas sociais diferentes pero inseparables: varna e jāti. O sistema dos varna ou cores, representa a organización social que corresponde coa tripartición funcional indoeuropea. A cada un dos grupos atribúeselle unha función característica, os bramans ocúpanse das relacionadas coas divindades e a limpeza e purificación ritual de todos os grupos. Os kshatrīyas exercían o poder, entendido como goberno, e desempeñaban a función guerreira, mentres que o grupo dos vaishya, identificados coa terceira función indoeuropea, dedicábanse ao comercio, á agricultura e á artesanía. A cuarta varna, a dos śūdras, vincúlase no aspecto funcional coa anterior e identifica os servos e traballadores. Fóra da varna pero non da jāti sitúanse os parias ou intocables. A xerarquía existente dentro deste sistema depende do monopolio que posúen os bramans na actividade sacrificial, imprescindible para o mantemento da orde no mundo. Os varna non son grupos socialmente herméticos e resulta posible unha unión mixta. O sistema de castes ou jāti, clasifica os individuos en grupos tomando como referente os conceptos de mancha e pureza. Esta estrutura desemboca na sociedade hindú nun sistema estatutario e taxonómico, onde a cada grupo (ou jāti) lle corresponde un grao específico de pureza. O braman representa a pureza máxima, que non é unha pureza absoluta. Cada caste pode manter o seu status evitando as relacións coas castes inferiores, regulando os contactos con obxectos que consideren impuros, e mantendo as prescricións legais sobre o matrimonio, o culto e a alimentación. Pero a perpetuación da identidade e da pureza do individuo implica a endogamia e a conservación da caste. A diferenza do sistema de clases, o de castes comporta un carácter endogámico esencial: non é necesario relacionarse cos membros de ningunha outra caste para vivir e realizarse persoalmente. Estimouse que na India existen máis de 3.000 castes e arredor de 25.000 subcastes, de xeito que o número dos seus membros oscila entre varios millóns e uns poucos centenares.
Sinónimos: casta. -
s
f
Clase ou orde de persoas que, a base de privilexios hereditarios, de profesión, etc, teñen un espírito de exclusión respecto ás outras clases da sociedade.
Sinónimos: casta. -
s
f
[ENTOM]
Nos insectos sociais (abellas, formigas, etc), grupo de función especializada; os individuos das diferentes castes presentan a miúdo diferencias morfolóxicas.
Sinónimos: casta.
Frases feitas
-
Andar á caste. Ter o celo un animal.
-
Facer caste. Procrearen os animais.
-
Saír/tirar á caste. Ter as calidades ou os defectos dos ascendentes.
-
Ser da caste do demo. Ser ruín.
-
De mala caste. De malas intencións.
-
Vir de caste. Carácter ou hábitos de comportamento herdados.