Castelete

Castelete

Punta da beira meridional da ría de Arousa, situada no litoral do concello de Vilanova de Arousa, entre as parroquias de Caleiro, ao N, e Deiro, ao S. Dela parte a ponte que comunica a Illa de Arousa co continente.