Castellum Honesti

Castellum Honesti

Fortificación situada na ría de Arousa, na desembocadura do Ulla, da que foi tenente o pai de Diego Xelmírez e que se identificou cunha construción romana do s I. O arcebispo Xelmírez, ante o seu estado ruinoso, derrubouna para realizar unha nova construción da que só quedan en pé as Torres do Oeste, en Catoira.