castidade
(< lat castitāte
-
-
s
f
Calidade de casto.
-
s
f
Comportamento casto, principalmente o que atinxe á abstinencia absoluta dos praceres sexuais.
-
voto de castidade
[RELIX]
voto de castidade.
-
s
f
-
s
f
[FILOS]
irtude que ordena a conduta sexual. No matrimonio comporta a configuración da sexualidade segundo unha integración plena e persoal do suxeito ao redor do outro cónxuxe. Fóra do matrimonio, significa a renuncia consciente ao acto sexual e a aqueles actos relacionados coa sexualidade. As diversas relixións e culturas tiveron diversas valoracións e prácticas deste hábito moral que foi xa no mundo antigo un valor social e relixioso. Foi no cristianismo onde cristalizou con forza e chegou a ser obxecto de voto por motivos relixiosos. Téndese a comprendela dentro dunha dinámica de relación intersubxectiva e como unha expresión da necesidade de non reducir o corpo a simple obxecto e a sexualidade a unha cuestión individual.