Castiñeira
Castiñeira
Antiga parroquia, baixo a advocación de san Mateo, do concello de Viana do Bolo. Pertenceu durante o Antigo Réxime á xurisdición de reguengo de Viana do Bolo, e incluíuse no seu concello ao establecerse en 1835. A finais do s XIX adscribiuse á parroquia de Sever.