castración
(
-
s
f
Acción e efecto de castrar, con finalidade terapéutica ou para conseguir modificacións metabólicas, fisiolóxicas, etc. No home, se a castración se efectúa antes da pubertade, consérvanse os trazos infantís, non se alcanza a maduración da sexualidade e aparece un cadro de eunucoidismo. No home adulto os caracteres sexuais secundarios desaparecen lentamente; na muller adulta aparece un cadro semellante ao da menopausa. A castración non terapéutica está considerada como delito na maioría das lexislacións. Nos animais domésticos ten como finalidade provocar a aparición de cambios de tipo fisiolóxico co fin de favorecer o depósito de graxas, a mellora da calidade da carne e que os animais se volvan máis dóciles. A castración realízase por ablación cirúrxica ou mediante outros procedementos como a administración de estróxenos.
Sinónimos: capadura, capía. -
complexo de castración
[PSIC]
Segundo a psicanálise freudiana, angustia do neno de ser castrado polo seu pai como castigo por intentar seducir a súa nai, e da nena ao crerse castrada pola nai e sufrir o complexo de Edipo, amais de experimentar envexa pola falta de pene e desexo de ter un fillo do pai. Este complexo, refutado por outros investigadores, constitúe a base da diferenciación sexual entre home e muller.