Casuarina

Casuarina
[PLANTA]

Xénero de árbores ou arbustos, da familia das casuarináceas, endémicos do sueste asiático, de Australia e das illas do Pacífico sudoccidental. Este xénero, que comprende unhas 50 especies, é propio de medios áridos e presenta as follas reducidas como se fosen pequenas escamas que se dispoñen en verticilos sobre as pólas; estas son verdes, articuladas e estriadas, e teñen capacidade fotosintética. Son plantas monoicas ou dioicas, con flores unisexuais e polinización anemófila, con froito en sámara. En Galicia está presente como ornamental a especie C. equisetifolia en xardíns e alamedas.

Palabras veciñas

casual | casualidade | casuariforme | Casuarina | casuarináceo -a | casuarinal | casuario