casuística

casuística

(< casuísta)

  1. s f [RELIX]

    Método de estudo ou de exposición da teoloxía moral baseado en casos concretos e dubidosos. Responde á necesidade de superar a tensión existente entre o abstracto da lei e o concreto da realidade vital. A fórmula de exposición completa da doutrina moral comezou coa Summa de poenitentia et matrimonio (O esencial da penitencia e do matrimonio, 1235), de Ramón de Peñafort, e tivo nos xesuítas o seu máximo expoñente. Unha figura decisiva foi Afonso M. de Liguori; sen embargo, a súa minuciosidade e complicación foron duramente criticadas polos xansenistas e ridiculizadas por Pascal.

  2. s f

    Casos prácticos ou exemplos que acompañan un tratado, unha teoría ou calquera argumentación.

  3. s f

    Conxunto dos diversos casos particulares que pode presentar unha materia determinada.

  4. s f

    Disposición a sutilizar.

Palabras veciñas

Casuarius | casuísmo | casuísta | casuística | casuístico -ca | casula | casuleiro -ra