catador -ra

catador -ra

(< lat captatōre)

  1. s

    Persoa que cata alimentos ou bebidas.

    Ex: Este viño tinto está recomendado polos máis expertos catadores.

  2. s

    Persoa que aprecia a boa calidade dalgunha cousa.

    Ex: Considérote unha catadora da mellor literatura universal.

  3. s

    Persoa que extrae o mel das colmeas.

    Ex: Vou chamar o catador para que veña castrar as colmeas.

  4. s m

    ara longa de ferro coa que se recollen os panais das colmeas.

    Ex: Para castrar as colmeas cómpre coller o catador para que non piquen as abellas.

    Sinónimos: castradeira, casula, casulla.
  5. s m
    1. Xerra de reducidas dimensións, que pode ter distintas formas e tamaños, ideada para examinar os viños.

    2. aso de cristal fino, alongado e estreito, coa boca un pouco pechada, utilizado para a degustación de viños finos, xerez ou doutros caldos semellantes.