catáfora

catáfora

(< grκαταϕορά ‘que leva cara a abaixo’)

s f [LING]

Procedemento lingüístico que consiste en anticipar, por medio dun deíctico (pronome demostrativo) ou dunha expresión alusiva, unha palabra ou un fragmento do discurso aínda non enunciado que se especificará máis adiante. En retórica refírese á colocación dun elemento ao final dun período, xeralmente o suxeito, que adquire sentido cando se analiza conxuntamente. No eido da textoloxía constitúe un procedemento sintáctico fundamental, xunto coa anáfora, para garantir a coherencia dun texto.

Ex: E isto foi o que afirmou: Que morra o conto!

Citas

  • E isto foi o que afirmou: Que morra o conto!

Palabras veciñas

catadura | catafalco | catafilo | catáfora | cataforese | catafórico -ca | catagóxico -ca