catalanismo
catalanismo
(< catalán)
-
s
m
Condición ou calidade de catalán.
Ex: Para demostrar o seu catalanismo puxo os apelidos en catalán.
Sinónimos: catalanidade. -
s
m
Movemento que propugna o recoñecemento político de Catalunya e defende os seus valores históricos e culturais.
Ex: Companys constitúe unha das figuras egrexias do catalanismo.
-
s
m
Palabra ou característica idiomática propia da lingua catalá presente noutra lingua.
Ex: Falaba ben o galego pero introducía algúns catalanismos no discurso.