catalase

catalase

(< gr καταλλ(σσω ‘cambiar, alterar’ + -ase ‘enzima’)

Nome científico: [peróxido de hidróxeno-oxidorreductase]
s f [BIOQ]

Enzima que cataliza a reacción de dismutación do peróxido de hidróxeno a osíxeno e auga segundo a reacción 2H2O2 → O2 + 2H2O. Trátase dunha proteína cun grupo hemo que está presente en todos os tecidos aerobios e na maioría de bacterias aerobias e anaerobias facultativas. É o enzima coñecido de maior actividade.