Catarina II de Rusia
a Grande (Stettin, actual Polonia 2.5.1729 - San Petersburgo 1796) Tsarina de Rusia (1762-1796), filla do duque cristián Augusto de Anhalt-Zerbst. En 1745 casou co gran duque Pedro, herdeiro ao trono. Cando Pedro chegou ao trono en 1762, Catarina aproveitou o descontento da nobreza e promoveu o levantamento da garda imperial. Pedro III abdicou e retirouse ao campo, onde foi asasinado aos poucos días. Catarina, convertida en emperatriz, reforzou a efectividade do poder autocrático e modernizou as clases dirixentes de acordo cos principios da Ilustración: fundou escolas, protexeu as ciencias e as letras, favoreceu o establecemento de artistas estranxeiros en Rusia, mantivo contactos con Voltaire e Diderot, e promoveu a historia e a literatura, que ela mesma cultivou. En 1775 levou a cabo unha reforma administrativa, que se consolidou en 1785 coa creación de novas demarcacións territoriais e, por vez primeira, coa separación dos poderes executivo e xudicial. En política exterior ocupou territorios dominados por Turquía e interveu en Polonia, na sucesión á coroa polaca e nas reparticións de 1793 e 1795.