Catedrais, As

Catedrais, As

Praia do litoral da parroquia da Devesa, situada no concello de Ribadeo. Recibe o seu nome das formas provocadas pola erosión diferencial nos seus acantilados, que evocan os arcobotantes exteriores, característicos dos templos góticos.