cateterismo

cateterismo

(

  1. s m [MED]

    Conxunto de manobras realizadas cun catéter, con finalidade diagnóstica ou terapéutica.

  2. cateterismo cardíaco [MED]

    Introdución dun catéter ata as cavidades cardíacas. O catéter que se emprega habitualmente é de polietileno e radiopac. Introdúcese, baixo control radiolóxico, por unha vea do brazo ou da coxa para chegar ata a aurícula dereita, ao ventrículo dereito e á arteria pulmonar; se se introduce o catéter por unha arteria periférica chega, a contracorrente do fluxo sanguíneo, ao ventrículo e á aurícula esquerdos, e tamén ás arterias coronarias.

  3. cateterismo ureteral [MED]

    Introdución dun catéter nun uréter ou nos dous. Ten finalidades diagnósticas ou terapéuticas.

  4. cateterismo vesical [MED]

    Introdución dun catéter na vexiga dos ouriños a través da uretra. Os seus obxectivos principais son baleirar a vexiga en casos de retención e de incontinencia urinaria, obter mostras de ouriños para análises clínicas e practicar estudios sobre a vexiga en determinadas enfermidades. OBS: Tamén recibe o nome de sondaxe vesical.

Palabras veciñas

caterva | catervario | catéter | cateterismo | cateto | catetómetro | catexar