catiónico -ca
catiónico -ca
(< catión)
-
adx
Relativo ou pertencente aos catións.
-
deterxente catiónico
[QUÍM]
Deterxente a base dun tensioactivo catiónico que ten unha forte acción antiséptica xa que destrúe a membrana dos microorganismos.
-
tensioactivo catiónico
[QUÍM]
Composto tensioactivo que, disociado nunha solución acuosa, ten a maior parte da actividade superficial da molécula no catión.