Cauca
Cauca
Departamento de Colombia, drenado polo río Cauca (29.308 km2; 979.231 h [1997]). As súas costas abarcan o Océano Atlántico e o Pacífico, cos portos máis importantes localizados no primeiro (Buenaventura (266.988 h[1995]) e Nuquí). Posúe xacementos de ouro, prata e platino, principalmente en Chocó e Supia. Son importantes os cultivos tropicais e o aproveitamento da gran riqueza madeireira. No sector industrial destacan as refinerías de azucre. A súa capital é Popayán (218.057 h [1997]).