causativo -va

causativo -va

(< causar)

  1. adx

    Que obra como causa ou axente.

  2. adx [LING]

    Aplícase aos verbos ou ás formas verbais que indican que o seu suxeito non realiza a acción por si mesmo senón que lla obriga a realizar a alguén ou algo. En galego, como noutras linguas romances, o causativo pode expresarse mediante o uso transitivo dun verbo intransitivo (

    Ex: Baixou o libro do estante) ou mediante o uso dun verbo auxiliar (Ex: Fixo construír un monumento na súa memoria). Noutras linguas, como o turco, o causativo exprésase na derivación.

Palabras veciñas

causalxia | causante | causar | causativo -va | causela | causídico -ca | cáustica