2 cava
2 cava
(
adx e s
f
[ANAT]
Cada unha das veas que levan o sangue procedente dos tecidos (pobre en osíxeno) ao corazón nos peixes pulmonados e nos tetrápodos. Os peixes pulmonados, anfibios e réptiles teñen unicamente unha e as aves e os mamíferos presentan dúas: a vea cava superior e a vea cava inferior. No ser humano, a superior fórmase pola unión dos dous troncos braquiocefálicos, que levan o sangue procedente da cabeza e dos membros superiores, e desemboca na parte superior da aurícula dereita. A inferior xorde da unión das dúas veas ilíacas, que levan o sangue procedente das extremidades inferiores, e desemboca na parte inferior da aurícula dereita. OBS: Tamén se denomina vea cava.