Cavada

Cavada
  1. [ONOM]

    Apelido que ten a súa orixe nun topónimo. Os nomes de lugar Cavada e Cavadas remiten ao sintagma latino terra(s) cavata(s), procedente do verbo cavare ‘cavar’. Tamén se rexistra coa mesma orixe o apelido Cavado, pero neste caso o adxectivo cavatu modificaría un substantivo masculino como agro, eido, monte, etc. Este último apelido documéntase no s XVIII: “Geronimo Cavado” (doc ano 1762 en La Coruña 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 191).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe de orixe castelá procedente do lugar santanderino de La Cavada, en Riotuerto. Unha rama pasou a Galicia e asentouse en Pontevedra, Vigo, O Condado e A Paradanta. As súas armas levan escudo partido: primeira partición, en campo de prata, con tres paos, de sinople; segunda partición, en campo de prata, cun carballo de sinople e un lobo ao natural empinado ao tronco.