cavadura

cavadura

(< lat cavatūra‘cavidade’)

  1. s f

    Acción e efecto de cavar.

    Sinónimos: cavada, cavadela.
  2. s f

    Terra que é capaz de cavar unha persoa nun día.

  3. s f

    Medida agraria que se emprega nas áreas vitivinícolas e que equivale á cantidade de terreo que unha persoa pode cavar nun día.

  4. s f

    Primeiro labor que se lle fai á terra para convertela en terreo cutivable. A ampliación de superficie cultivada obedece a diversos factores: crecemento demográfico, obras de infraestrutura, novas tecnoloxías agrícolas, exencións fiscais, etc. En Galicia, a conquista de novos terreos rematou practicamente no s XVIII cando se cavou un terzo da terra cultivada por primeira vez. A ampliación de terras de labor estivo dificultada fundamentalmente polo accidentado do relevo e polo sistema de propiedade.