cazola

cazola

(

  1. s f

    Recipiente, xeralmente redondo, de barro ou de metal, máis ancho ca alto, que se utiliza para cocer e guisar. Na tradición oral recóllense ditos como: “Con cazola que ferve ningunha mosca se atreve. Cando roxe a cazola é sinal de encherola”.

    Sinónimos: cazarola, tarteira. Confrontacións: cazolo.
  2. s pl

    Persoa que anda mirando e probando o que se está cociñando.

    Ex: Os cociñeiros non poden ver os cazolas.

  3. s pl

    Persoa que se mete en asuntos domésticos que non realiza.

    Ex: É unha cazolas, quéreme aprender a varrer cando nunca colleu unha vasoira. O cazolas do meu irmán sempre critica o meu traballo da cociña.

  4. s f [GRÁF]

    Compoñedor ancho no que se poden colocar ata oito liñas de corpo 12.

Frases feitas

  • Á cazola. Cociñado na cazola.

  • Andar á cazola. Aproximarse unha embarcación a outra cando andan pescando para que lle dean algo de peixe.

Palabras veciñas

cazcarrollo | cazo | cazoeira | cazola | cazolada | cazolear | cazoleira