cazurro -rra
cazurro -rra
(< ár qaḋūr ‘insociable, sucio’)
-
adx e s
Que ou quen é pouco sociable e reservado.
Ex: Do cazurro que é nunca di nada nas asembleas.
Sinónimos: insociable. -
adx e s
Que ou quen ten astucia ou picardía para realizar algo que lle convén ou do que vai tirar algún proveito.
Ex: Non me gustaría que formase parte da nosa sociedade porque é moi cazurro e podemos saír prexudicados.
-
adx e s
Que ou quen é torpe ou obstinado.
Ex: É tan cazurro que non o vas facer cambiar de idea.
-
adx e s
Que ou quen demostra escasa intelixencia.
Ex: Éche tan cazurro que non vai ser nada del.
-
adx e s
Que ou quen é groseiro e demostra unha mala conduta.
Ex: Só unha persoa tan cazurra coma ela puido contestar desa maneira zafia.