1 cea
(
-
s
f
Última das tres comidas principais do día que se toma á noite. Na tradición oral recóllense ditos como: “En casa chea, logo se fai a cea. A quen lle has dar a cea, non lle chores a merenda. Ben mal cea o que cea por conta allea. Boa cea cea aquel que non cea. Con malas ceas e malos almorzos, encóllense as tripas e alónganse os pescozos. Con malas ceas e ruís xantares, crecen os ósos e minguan as carnes. Negra é a cea na casa allea, mais aínda é máis negra pra quen dá a cea. Soles e ceas teñen as covas cheas. Toda boa cea polo beber comeza”.
Ex: A súa cea adoita ser ensalada.
-
s
f
Acción de cear.
Ex: A cea de gala tivo lugar no pazo de Castrelos. A cea de onte durou dúas horas.
-
s
f
O que se toma para cear.
Ex: O médico recomendoulle unha cea lixeira.
-
s
f
[ARTE]
Representación iconográfica da Santa Cea.
-
s
f
[RELIX]
Entre os membros da Igrexa Reformada, celebración da eucaristía.