2 ceba
(
-
s
f
[PLANTA]
Planta da orde das naxadais que vive en augas salgadas de zonas costeiras protexidas, como os fondos das rías ou as desembocaduras dos ríos. Nas costas galegas están presentes os xéneros Zostera, Najas e Ruppia. O xénero Zostera presenta rizomas rastreiros con raiciñas nos nós, talos ergueitos e follas lineares con nervación paralela. Son plantas monoicas de flores unisexuais, en inflorescencias onde están presentes os dous sexos sobre un espádice, e protexidas por unha espata; as flores masculinas redúcense a un só estame que produce pole filiforme e as femininas a un carpelo con dous estilos. En Galicia está representado pola especie Z. marina, con follas que acadan os 8 mm de ancho, de 3 a 7 nervios, co ápice redondeado, que aparecen mergulladas en augas salinas, esteiros e lagoas litorais; e a especie Z. noltii, con follas de ata 2 mm de ancho, de ata 3 nervios, de ápice gallado, que aparece en fondos mariños de lama ou area que, as máis das veces, se ven na baixamar. O xénero Najas está constituído por herbáceas de follas dentadas que abrazan o talo e forman verticilos densos. En Galicia está representado pola especie N. marina. O xénero Ruppia presenta follas lineares e alternas e flores hermafroditas no extremo de longos pedúnculos que se curvan cando madura o froito. En Galicia está representado pola especie R. maritima en ambientes salobres e litorais.
-
s
f
Conxunto de plantas e algas lanzadas á praia polo mar e que aparecen na baixamar, especialmente despois de temporais que removen os fondos das rías e arrincan moitos destes vexetais.