cefalosporina

cefalosporina

(

s f [BIOQ]

Cada un dos compostos P1, P2, P3, P4, P5, que se obteñen dos fungos do xénero Cephalosporium, todos eles solubles en disolventes orgánicos agás a cefalosporina-N, máis coñecida como penicilina-N, soluble en auga. Da cefalosporina-C obtense, por hidrólise, o ácido 7-aminocefalosporánico, do que derivan as cefalosporinas semisintéticas, activas contra as bacterias Gram-negativas e os estafilococos resistentes á penicilina. Este antibiótico, de amplo interese medicinal, actúa inhibindo a biosíntese das paredes bacterianas.