cefeida

cefeida

(

s f [ASTRON]

Estrela variable que se caracteriza pola regularidade das súas variacións de luminosidade e pola curta duración dos períodos correspondentes, de menos de 60 días. Existen unhas 700 na galaxia e uns cantos centos no grupo local. O nome provén da δ de Cefeo, representante da clase, descuberta no 1787. Existen dous tipos: as cefeidas clásicas (ou do tipo I), que pertencen á poboación I, e as estrelas W Virginis, da poboación II. Os períodos típicos son de 5-10 días e de 12-30 días, respectivamente.

Palabras veciñas

cefalotina | cefalotorácico -ca | cefalotórax | cefeida | cefelina | Cefeo | Cefeo