cegoñal

cegoñal

(< 1 cegoña)

s m [TECNOL]

Árbore de transmisión de forza que transforma os movementos alternativos en movementos de rotación (nos motores de explosión) ou viceversa (nas prensas mecánicas excéntricas) e fai de manivela do conxunto biela-manivela. Ten un cóbado por cada biela da máquina ou do motor. O cóbado recibe a biela no toco, que xira descentrado arredor do eixe de rotación do cegoñal. O toco que constitúe o eixe de rotación do cegoñal é o colo ou soporte de bancada. O brazo é a parte do cegoñal que une o toco e o colo. Adoita haber un brazo en cada costado do toco e un colo por cada brazo, aínda que hai cegoñais de compresores que só teñen un colo, un brazo e un toco, e cegoñais de motores lixeiros que teñen os tocos agrupados de dous en dous.

Palabras veciñas

cego -ga | 1 cegoña | 2 cegoña | cegoñal | Cegoñas | cegóns | cegrí