ceilómetro

ceilómetro
s m [METROL]

Instrumento utilizado para medir a altura das nubes. Está constituído, basicamente, por un emisor de feixes luminosos, ou de láser, e por un receptor que determina a distancia percorrida desde o momento da emisión, segundo o tempo que emprega o feixe reflectido na capa de nubes en volver ao receptor. Úsase nos aeroportos para determinar a visibilidade e as condicións meteorolóxicas.

Palabras veciñas

ceifa | Ceilán | ceilanés -sa | ceilómetro | Ceiriog Hughes, John | ceitil | ceja*