célebre
célebre
(< lat celĕbre)
-
adx
Que ten nome e fama.
Ex: O célebre director fixo a peor película da súa carreira. Foi célebre o seu discurso de ingreso na Real Academia da lingua.
-
adx
Aplícase á persoa que destaca polas súas singulares calidades, como a graza e a extravagancia nos ditos e nos feitos. OBS: O superlativo é celebérrimo.
Ex: Todo o mundo o coñecía, sonche célebres as súas ocorrencias ante as dificultades. O Brais éche ben célebre no colexio pola súa forma de contar chistes.