celestina
celestina
(< celeste)
s
f
[MINERAL]
Sulfato de estroncio, de fórmula SrSO4. Cristaliza no sistema rómbico en cristais tabulares ou prismáticos ou, xeralmente, en masas de cor transparentes ou translúcidas lixeiramente azuladas, brancas, amarelas, verdes ou encarnadas. Ten dureza 3-3,5 e peso específico 3,96. Emprégase na obtención de estroncio.