cementación
(
-
s
f
Acción e efecto de cementar.
-
s
f
[TECNOL/IND]
Proceso que consiste en modificar a composición e as propiedades da superficie dun metal por difusión dun elemento, coñecido como cemento, realizado a temperatura elevada, sen chegar á de fusión. O elemento incorpórase á rede cristalina do metal (substituíndo átomos do retículo) ou ben simplemente se insire nos intersticios da rede, cando os átomos introducidos son suficientemente pequenos (carbono, nitróxeno, etc). A cementación de aceiros pode ter por obxecto o endurecemento superficial (cementación por carbono, nitruración, carbonitruración, cromización e cementación electrolítica), o aumento da resistencia ao desgaste (cementación por xofre ou polo procedemento sulfinuz) ou ben a mellora da resistencia á corrosión (cementación con cromo, zinc, aluminio ou calorización). A cementación por carbono utilízase para endurecer a superficie de engrenaxes, árbores de levas, etc. O cemento empregado pode ser sólido (carbón vexetal, carbonato de bario), líquido (cianuros alcalinos fundidos na cianuración) ou ben gases (monóxido de carbono, hidrocarburos).
-
s
f
[TECNOL/IND]
Proceso de obtención dun metal por precipitación, a partir dunha solución dun dos seus sales, que se reduce a metal pola acción doutro metal quimicamente máis activo.
-
s
f
[XEOL]
Proceso de diaxénese que transforma unha rocha sedimentaria inconsistente nunha compacta e dura que se solda por deposición de minerais (calcita, sílice, etc) nas fendas do material sedimentario solto.