cemento
(< lat caementu ‘pedra paraconstruír’)
-
s
m
Calquera tipo de material plástico que, mesturado cun líquido, se volve adhesivo e capaz de unir fragmentos ou masas sólidas.
Ex: O dentista tivo que lle encher a moa con cemento para conservarlla.
-
[CONSTR]
-
s
f
Materiais en po, constituídos fundamentalmente por compostos de calcio (cementos calcarios) que amasados con auga dan pastas plásticas, coñecidas como pasta de cemento, que permiten a adhesión adecuada de pedras, ladrillos, etc. As transformacións químicas entre os compoñentes do cemento e a auga de amasadura prodúcense durante o fraguado do cemento (perda da plasticidade da masa e aumento da súa rixidez) e o endurecemento posterior (aumento gradual de resistencia mecánica do material ríxido). Cos cementos fabrícase morteiro (con area e pasta de cemento) e formigón (con area, pasta de cemento, grava ou pedras). O cemento máis importante é o cemento pórtland, resultado da moenda conxunta do clinker de pórtland e dunha cantidade de sulfato de calcio que regula o fraguado. O proceso de clinkerización ten lugar en fornos, nos que se quenta unha mestura de materiais arxilosos e calcarios de gran finura ata a súa fusión parcial. O clinker de pórtland está feito basicamente de silicato dicálcico e silicato tricálcico e, en menor proporción, de aluminato tricálcico e ferrito aluminato tetracálcico; ademais, pode ter unha certa proporción de fase vítrea. O control das proporcións destes compoñentes produce diversas clases de cemento pórtland con propiedades especiais, como baixa calor de hidratación, endurecemento rápido, etc. Outros tipos de cementos hidráulicos, obtidos cando se moe conxuntamente o clinker de pórtland e outro produto, son o cemento siderúrxico e o cemento pozolánico, nos que interveñen, respectivamente, a escoura granulada de alto forno en estado vítreo e a pozolana. A hidratación dos cementos siderúrxicos xeralmente produce un desprendemento de calor pequeno e unha proporción limitada de cal libre, polo que se reducen os riscos de ataque pola auga de mar. Por mor da reacción entre a pozolana e o cal, os cementos pozolánicos fraguados conteñen unha proporción mínima de cal libre, feito que pode explicar a súa maior resistencia xeral aos axentes agresivos naturais e o seu uso nos portos. O cemento aluminoso, obtido a partir de mesturas dun material calcario e bauxita, está formado fundamentalmente por aluminatos. Os cementos naturais, de resistencias mecánicas inferiores aos anteriores, resultan da cocción de mesturas naturais de materiais calcarios e arxilosos a unha temperatura inferior á requirida pola clinkerización. En relación co tempo de fraguado, os cementos divídense en cementos lentos e cementos rápidos. A industria do cemento experimentou un forte crecemento pola diversificación crecente da industria e pola aparición dos prefabricados, que aumentaron as posibilidades de substitución doutros materiais. Desde 1953, o incremento da produción mundial foi incesante. Os países industrializados, líderes mundiais en produción de cemento durante moitos anos, deixáronlle o lugar a novos produtores e a demanda de cemento depende principalmente de tres sectores: infraestrutura de obras públicas, que se acentúa cando os estados queren impulsar un crecemento rápido; vivenda e equipamentos, que adoitan ir ligados á expansión demográfica e económica; e turismo. Por todo isto, o consumo de cemento é indicativo, máis que de nivel económico, de dinámica expansiva.
-
cemento armado
Formigón que se reforza con varas de ferro para que sexa máis resistente.
-
s
f
-
s
m
[XEOL]
Substancia sólida que se estabiliza entre as partículas dun solo. Entre os cementos máis frecuentes hai compostos de ferro, aluminio, silicio, arxila, carbonato ou sulfato de calcio.
-
s
m
[XEOL]
Materia mineral, precipitada quimicamente nos espacios intergranulares dunha rocha sedimentaria detrítica, que xunta os grans e lles dá coherencia.
-
s
m
[TECNOL/IND]
Substancia empregada para a cementación dun metal.
-
s
m
[ANAT]
Substancia dura, de estrutura parecida á do tecido óseo, que recobre a dentina da raíz dos dentes.
-
s
m
[ARQUIT]
Pedra sen labrar ou partículas de mármore, segundo o tratado arquitectónico de Vitrubio. Os romanos facíano a base de arxilas e calcarias que se cocían a altas temperaturas.