CENEBAD

CENEBAD
Nome científico: [Centro Nacional de Educación Básica a Distancia]

Centro creado en 1979 a partir da Lei Xeral de Educación de 1970, que contemplaba no seu artigo 47 as denominadas modalidades de ensino, coa finalidade de ofrecer oportunidades de proseguir estudios aos que non puidesen asistir regularmente aos centros ordinarios ou seguir os calendarios e horarios regulares. Agás no que respecta ás peculiaridades en materia de horarios, calendario escolar, métodos e réxime de profesores e alumnos, o ensino impartido nestas modalidades axústase no seu contido e procedemento de verificación ao establecido con carácter xeral. Este centro, dependente do Ministerio de Educación e Ciencia, creouse para o nivel de Educación Xeral Básica. Coa entrada en vigor do Estatuto de Autonomía de Galicia e co traspaso de funcións e servicios da administración, o R. D. 1763/1982, do 24 de xullo, establece que se poderán asinar, mediante convenio, fórmulas de colaboración necesarias para o funcionamento do Centro Nacional de Educación a Distancia entre ambas as dúas administracións. Dende 1991 publica a revista RED, pero a partir do número cinco pasou a editala o CIDEAD (Centro para la Innovación y Desarrollo de la Enseñanza a Distancia).