cenoria
(< ár vulgar safunâriya
-
s
f
[PLANTA]
Herba bienal, de ata 150 cm de altura, de follas bipinnatisectas, con flores brancas ou rosas, dispostas en umbelas compostas, e de froitos aculeados en aquenio. A forma cultivada, a subespecie sativus, presenta unha raíz axonomorfa. Existen en Galicia e de xeito espontáneo outras formas como a subespecie maximus, propia de baldíos, ribeiras e beiras de camiños; e as subespecies maritimus e gummifer, propias de rochedos marítimos.
-
s
f
Raíz comestible da planta do mesmo nome. Ten forma fusiforme, consistencia dura, pero zumenta e cor alaranxada. O sabor é suave e doce. Foi introducida en Europa polos árabes. Pode consumirse crúa (en zumes, ensaladas, etc) ou como integrante de minestras ou gornicións (en todo tipo de guisados, tanto de peixes como de carnes) e dalgúns pasteis, sopas e cremas vexetais.