α-Centauri
α-Centauri
[ASTRON]
Estrela de magnitude cero pertencente á constelación do Centauro, de tipo espectral G2 e situada a unha distancia de 4,2 anos luz. É a máis luminosa do sistema múltiple de estrelas máis próximo ao Sistema Solar. Recibe tamén a denominación de Rigil Kent.