Centinela de Galicia, El
Centinela de Galicia, El
[PUBLIC]
Xornal fundado por Vicente M. Cociña e Tiburcio Faraldo na Coruña en 1843. Francisco Arza imprimiuno ata a súa desaparición en abril de 1844. Subtitulado “Periódico político, literario e industrial”, contiña crónicas de Galicia, correspondencia, poesías, extractos das Cortes e artigos políticos que apoiaban o partido moderado. Entre os seus colaboradores destacan B. Vicetto, X. Domínguez Izquierdo, Xosé M. Posada e D. Díaz de Robles. Ocasionalmente, incluía cantigas populares e algúns poemas en galego.