centón

centón

(

  1. s m

    Manta ou tea feita de farrapos.

  2. s m [LIT]

    Composición literaria en verso ou en prosa que resulta da combinación de fragmentos pertencentes a outras obras dun ou de varios autores. O máis antigo conservado é a traxedia Medea de Hosidius Geta (s I), feita a partir de versos de Virxilio. No mundo do teatro do s XVI e, en concreto, na chamada Commedia dell’Arte, designaba un texto breve redactado polo actor que contiña unha suma do seu repertorio escénico. Por extensión, aplícase á obra literaria considerada pouco orixinal, sobrecargada de citas, referencias ou calcos doutros textos.

Palabras veciñas

Centoleira | Centolo | Centolo Grande | centón | centr(o)- | centración | centrado -da