Centro de Arte Moderna José de Azeredo Perdigão

Centro de Arte Moderna José de Azeredo Perdigão

Centro artístico inaugurado en Lisboa en 1984 e situado nun edificio deseñado por sir Leslie Martin, anexo á sede do museo histórico da Fundação Calouste Gulbenkian. Naceu coa intención de crear un lugar dedicado á produción artística do s XX, formado por tres departamentos: museo, documentación e investigación e creación artística. Ademais das salas permanentes, ten salas de exposicións temporais, auditorio, biblioteca-centro de documentación, servizo pedagóxico e servizo de investigación. Na súa primeira etapa desenvolveu revisións históricas de artistas como Paula Rego, Almada Negreiros, Dacosta ou o grupo de ilustradores dos anos vinte. Posteriormente, amosou a obra dos artistas máis significativos de Portugal nas últimas décadas, como Cabrita Reis, Rui Chafes ou Pedro Calapez. Abriuse tamén aos artistas internacionais con exposicións dedicadas a R. Serra e Paolín, e á arte do s XX no Brasil.