Centro Internacional de Física Teórica

Centro Internacional de Física Teórica

Instituto creado en Trieste (Italia) en 1964 polo físico paquistaní Abdus Salam. Financiado polo goberno italiano, a UNESCO e a AIEA, organiza un gran número de cursos e seminarios de traballo de disciplinas físicas e matemáticas. Encárgase tamén da edición da revista científica ICTP Lecture Note Series. Outorga, anualmente, a medalla Dirac (dende 1985) e o premio ICTP (dende 1982) ambos os dous galardóns están dirixidos a científicos que realizan contribucións importantes para o desenvolvemento da física teórica e das matemáticas.