Centroamérica, Provincias Unidas de

Centroamérica, Provincias Unidas de

Federación creada o 24 de xuño de 1823 entre os territorios de Guatemala, Honduras, El Salvador, Nicaragua e Costa Rica. Ata 1822 Guatemala constituíu unha capitanía xeral que agrupaba a toda Centroamérica, e nesa data pasou a formar parte do territorio mexicano. En 1823 os liberais asumiron o goberno de México, polo que se produciu unha nova ordenación territorial: independencia de América Central (agás Chiapas e Soconusco) e unión de Panamá á Gran Colombia. O primeiro presidente das Provincias Unidas de Centroamérica foi Manuel Arce e a capital federal estableceuse na cidade de Guatemala. O rexionalismo impediu o éxito desta iniciativa para o futuro desenvolvemento da zona e provocou unha guerra civil. En 1830 tomou a presidencia Francisco Morazán e en 1834 a capital trasladouse a El Salvador. A crise medrou coa deserción de Nicaragua, Honduras e Costa Rica, feito que deu lugar á desintegración da federación en 1838.

Palabras veciñas

Centro-sur | Centroafricana, República | centroafricano -na | Centroamérica, Provincias Unidas de | centroamericano -na | centroasiático -ca | centrobárico -ca