centrosoma

centrosoma

(< centro- + gr σῶμα ‘corpo’)

s m [BIOL]

Orgánulo situado preto do núcleo das células animais. Inclúe, na maioría destas células, un par de centríolos e participa na cinética da mitose como centro organizador de microtúbulos. Durante a interfase duplícase para formar os dous polos do fuso mitótico. Tamén se denomina centro celular ou centrosfera.