centunviro

centunviro

(< lat centumvĭru ‘cenhomes’)

s m [HIST]

Cada un dos membros dun tribunal encargado, na antiga Roma, de xulgar os asuntos privados, sobre todo os de herdanzas. Os centumviri apareceron, como tribunal, no s III a C. A súa función era asistir o pretor urbano, que durante a República era o encargado de designalos, en número de tres, por cada unha das 35 tribos, a maior parte de rango senatorial. No Imperio incrementouse o seu número ata 180, e pasou a potestade do seu nomeamento ao emperador.

Palabras veciñas

centum* | centunviral | centunvirato | centunviro | centuplicado -da | centuplicar | céntuplo -pla