Cerastium
Cerastium
[PLANTA]
Xénero de plantas da familia das cariofiláceas, de ata 30 cm de longo. Presenta follas sen pecíolo e pilosas, flores pentámeras de pétalos bífidos de cor branca e froitos como cápsulas cilíndricas. En Galicia son comúns as especies: C. diffusum, en praias e ambientes salinos; C. fontanum, en lugares húmidos e nas beiras de cursos de auga; e C. glomeratum, en cultivos e beiras de camiños.