Ceraxe
Ceraxe
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural do lugar de Calvos, na parroquia de Aguasantas (Cotobade), que emprega tamén a forma García de Ceraxe. Entroncou con ilustres familias como os Soutomaior, Gosende, Rivas, Solla, López de Figueroa ou Balboa Sarmiento. As súas armas levan unha man empuñando unha chave, en actitude de pechar.