Cerdanya, la

Cerdanya, la

Comarca da provincia de Girona, Catalunya, no curso alto do río Segre. Situada nunha chaira de orixe tectónica, entre os Pireneos Orientais e o Prepireneo. Debido á súa altitude (Carlit 2.991 m) posúe un clima de montaña con temperaturas extremas en inverno e frescas en verán, e con precipitacións que alcanzan os 500 mm anuais. O poboamento caracterízase por estar organizado en pequenos núcleos rurais. A súa economía baséase na agricultura e na cría de gando lanar. A cabeceira comarcal é Puigcerdà (6.356 h [1996]). Como consecuencia do Tratado dos Pireneos (1659), a comarca quedou dividida entre os estados español e francés.